Portada

Xoguetes naturais: argalladas dos pícaros primavera-verán

OUVIRMOS, S.L.
12 / 2013
9788494105340
Galego
Narrativa

Sinopse

Xoguetes naturais é un caderno que nos ensina como realizar paso a paso 30 xoguetes con elementos da natureza, follas, herbas, flores... Detrás de todas estas "argalladas", atopamos un forte compromiso coa defensa do medio ambiente, pero sobre todo un devezo profundo de recuperación e posta en valor do xoguete popular e tradicional.

Os 30 xoguetes, elaborados con elementos propios da primavera-verán, acompáñanse de máis de 200 ilustracións realizadas a lapis e de textos explicativos que dun xeito didáctico e práctico nos descubren como construír un guerreiro de landra, un gorro de follas de castiñeiro ou unha boneca de papoula, entre outros.

PVP
11,75